Maty's Café
Benvidos a Maty's Café, a túa cafetería en pleno centro de Lugo. Estamos na Praza Maior, no corazón da zona antiga, agardámoste de 08:30 a 23:00 de luns a venres, e de 08:30 a 16:00 os sábados.
Desde primeira hora da mañá ofrecemos os mellores almorzos: cafés, zumes, e uns deliciosos biscoitos caseiros. E se tes présa, non te preocupes, preparemos enseguida o teu café para levar.
Se che apetece vir a calquera hora a tomar algo, seguro que che sorprenderán as nosas tapas variadas, ¡por cantidade e calidade! Tortilla, xamón, queixo, sandwiches, biscoito, mini bocatas...
Á hora de comer, ofrecemos diversas opcións para que elixas o que máis che conveña: bocadillos variados, racións, menú prato único por 6 €... E os venres, non perdas a nosa grande especialidade: os callos. Ademáis, recomendamos o cocido, o caldo, as croquetas caseiras, o guiso, o lacón cocido, o xamón cocido... E se queres desfrutar da nosa comida na comodidade da túa casa, tamén preparamos comida para levar por encargo.
¡Agardámoste en Maty's Café!